Arde Lucus (Lugo)
Desfiles militares, o circo romano, personaxes ancestrais e enfrentamentos entre celtas e romanos espérante nun escenario sen igual: a Muralla romana de Lugo. É precisamente no ano 2000, coincidindo co nomeamento desta como Patrimonio Mundial de la Unesco, cando o Arde Lucus comeza a súa andaina, co obxectivo de rememorar a fundación da cidade e o seu pasado romano.
Durante esta festividade, a cidade, os seus habitantes e visitantes retroceden no tempo e romanízanse por completo. Os actos principais teñen lugar nas zonas máis emblemáticas da zona monumental da cidade. Arde Lucus foise consolidando de tal xeito que xa é todo un referente nacional, con gran repercusión mediática e afluencia de público. No seu décimo aniversario conseguiu o recoñecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Viaxa con Monbus á cidade de Lugo e somérxete nun pasado máis vivo ca nunca.Compra xa o teu billete en monbus.es