Monbus, de viaxe coa afección do Barça
Unha vez máis, un numeroso grupo de afeccionados culés confiou en Monbus para a súa viaxe á capital española co motivo de gozar do Clásico que enfrentou onte o Real Madrid CF ao FC Barcelona no Estadio Santiago Bernabeu.
Nesta ocasión, o Barça fixo vibrar a unha entregada afección que, por catro veces, puido saborear o gol na portaría dun Real Madrid que nada puido facer ante a superioridade do equipo azulgranate.
O 0-4 final supuxo, para o equipo branco, a 3ª peor derrota de todos os enfrontamentos en Liga ante o seu rival por excelencia, o que o sitúa a 6 puntos por debaixo na clasificación.
O grande espectáculo do conxunto de Luis Enrique tivo como protagonistas a Neymar, Iniesta e Luis Suárez, autores da goleada propinada ao equipo de Rafa Benítez.
Para este traslado, Monbus enviou un dos mellores autocares da súa moderna frota ; equipado coas máis altas prestacións en materia de seguridade e confort: cómodas butacas, enchufes individuais, Wi-Fi gratuita e aseos WC, e moitos máis elementos que posibilitan que unha longa viaxe se converta nunha agradable experiencia.