Monbus inicia novas concesións en Galicia
A entrada en vigor da segunda parte do novo Plan de Transporte de Viaxeiros por Estrada establecido pola Xunta de Galicia supoñerá para Monbus modificacións nos servizos que ata o de agora realizou e tamén un aumento de novos traxectos. As novas concesións comezarán a funcionar o 23 de decembro de 2020 e terán unha vixencia de dez anos.
Por ese motivo, a páxina web (http://www.monbus.es/) está a actualizarse coa información de horarios, tarifas e bonos. Ademáis, poderánse descargar os horarios nas seguintes ligazóns:
-
XG 802: Lugo – Santiago de Compostela, con anexos
-
XG 804: Oeste da comarca de Santiago
-
XG 807: Sur da comarca de Santiago
-
XG 813: Sur da comarca de Fisterra
Horarios | Tarifas e Bonos
-
XG 817: Eixo Atlántico e conexións con Lugo, Lalín e Fisterra, con anexos
-
XG 833: Termos municipais de Begonte e Guitiriz
-
XG 847: Comarca do Barbanza
-
XG 860: Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
-
XG 871 UTE Hércules Norte: Norte da Comarca de Betanzos, sur da de Ferrol e oeste da do Eume
-
XG 890: Termos municipais de Outeiro de Rei e Guntín
Calquer viaxeiro que precise información, pode solicitala por teléfono (982 29 29 00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter, e Instagram).